Iniciar sesión

Songbird xa asubía en galego

Songbird, o reprodutor multimedia e multiplataforma vencellado á Fundación Mozilla, xa ten tradución ao galego grazas ao traballo de Calidonia, que a rematou a partir dunha tradución incompleta de aproximadamente o 20% que alguén principiara nunha versión anterior da aplicación. Os que queirades a extensión que traduce o reprodutor á nosa língua podedes baixala neste enlace.
Calidonia aproveitou o momento para falar das virtudes do Songbird, igual que tamén fixo uns días despois Manuel Gago no seu blog Capítulo 0, onde se atreveu a dicir que o "paxuriño" podería rematar por destronar ao iTunes. Nós non sabemos se iso vai chegar acontecer, levamos uns días probando o Songbird e aínda non lle collemos moito o xeito (igual son un zoupón) polo menos á hora de sindicar podcastes, que é unha das cousas que mellor fai o iTunes. Ben é certo que aínda está na súa versión 0.3 "Developer Pre-release", co cal, aínda lle falta moito por andar. Ficaremos atentos pois.
+ info:
- O artigo no blog de Calidonia.
- O artigo no blog de Manuel Gago.
- Páxina oficial de Songbird.
- Paxina oficial do iTunes.