Podsonoro renova a faciana

podsonoro.comO directorio Podsonoro.com, posibelmente un dos máis útiles e que mellor traballa, e moi xeitoso para descubrir novos podcastes en castelán, acaba de renovar hai un par de días o seu aspecto visual e algunha cousiña máis do seu funcionamento interno, renovando de paso o logo e tirando a etiqueta de beta.
O seu administrador, Carlos Fernández, a quen tivemos o moi grato pracer de coñecer en Barcelona nas II Xornadas de Podcasting, conta no seu vloj cales son estas novidades. Di que xa levaba tempo con ese cambio pendente cara un look máis ao rede social, e algúns dos cambios son: un novo reprodutor flash, para escoitar os episodios dos podcasts, máis largo e menos alto, ocupando menos espazo; tamén fixo máis larga a páxina (980 px); gardou o historial dos top, que non se amosa mais, se cadra, nun futuro, di, fará algún gráfico usando o google Chart API; e outras das cousas que modificou foi o tema dos comentarios, nos últimos tempos inzados de fanáticos olalleiros maleducados e bastante molestos. Agora, cando non estás logueado só se pode facer un comentario cada 10 minutos, e non podes loguearte con outro nombre de usuario. E o sistema de destacar podcastes en cada categoría, que antes facía a dedo faise agora por medio dun complexo algoritmo baseado no Kernel do VIC-20, tendo en conta o que a xente escoita na web, etc., é dicir, máis 2.0.
Os nosos parabéns para Carlos!
+info:
http://www.podsonoro.com/ (castelán)
http://www.vloj.com/archives/102 (castelán)