Iniciar sesión

Podcasteiro galego preséntase ao Senado

Mariano GrueiroMariano Grueiro, considerado o primeiro galego nisto de probar co podcasting co seu desaparecido Plan Galicia, anunciou no seu blog que se presenta ao Senado nas Xerais deste ano, pola candidatura que o POSI presenta na provincia de Lugo. Alí, dá conta dos motivos polos que tomou esta decisión e entrevístase a si mesmo consciente da pouca difusión que a súa candidatura vai ter nos media. Nós, como non somos un grande media, e el é podcasteiro, si damos a nova. Sorte o día 9 Mariano (Grueiro)!

+ info: http://grueiro.blogaliza.org/2008/02/22/m...

Comentarios

Graciñas!

Moitas grazas por poñe-la nova. Non sei se serei capaz, máis agardo un dia poder seguir co plan G , e agardo tamén aclara-las razóns de que ata agora so publicase un .
Agradezo moito que vos lembredes inda de min
Unha forte aperta
Mariano

BÓTATE A ELES!!

POR SUPOSTO POSI PARA O SENADO E PzTG (PARTIDO ZULÚ DAS TERRAS GALEGAS) PARA AS CORTES.....DOS XATOS!!

CO TEU VOTO É POSÍBEL!!

Troskast

Eu flipo por cores, o único motivo que da para presentarse cos troskos é que Pizarro é un trepas e Cacharro un vago. A algún váiselle a pinza mogollón.