Novas breves

Para compensar un pouco a demora en publicar algunhas destas novas, imos facer apenas referencias con ligazóns onde poder saber máis delas:

  • Cinch, da empresa estadounidense Blog talk radio, é un sistema para facer podcasts de xeito sinxelo desde o teléfono con só facer unha chamada. Automaticamente xérase un rss ao que calquera se pode subscribir desde un agregador. (saber +)
  • Mobuzz TV, a plataforma de videocast máis sobranceira de España fichou a Javier Capitán e ao seu eterno compañeiro de voces na radio, Luis Figuerola-Ferretti, para o seu El No-ticiero. O coñecido humorista, xornalista e presentador de radio e televisión é unha aposta grande da canle por facer importante o mundo da televisión baixo demanda na rede; pensamos que é con xestos coma este cos que este novo medio de comunicación poderá finalmente dar un paso cara adiante e facerse máis forte e presente nesta nova sociedade da información. Sorte! (saber +)
  • O buscador de podcasts Podzinger, chámase agora Everyzing, e disque trae melloras e novidades. (saber +)
  • Podcast People, é un novo sitio onde crear o teu podcast. Véndese coma un estudio de podcast en liña. Aínda non o probamos, pero cando o fagamos xa vos falaremos máis polo miúdo. De momento podemos dicirvos que se pode asinar desde unha conta de balde de 25 Mb. de subida mensual e ancho de banda aparentemente sen límite, até unha de 2 Gb. ao mes por 30 $. (saber +)
  • A xente de Genbeta publicou uns artigos-tutoriais onde explican como facer o teu propio podcast en tres pasos. Esta nova xa é algo vella, de agosto do ano pasado, pero nunca vén mal un tutorial xeitoso, non? (saber +)
  • PodcastFAQ é un novo espazo que tenta resolver todas as dúbidas sobre o mundo do podcasting, tanto para crear e promover os falangullos como para escoitalos. Está aberta a aportacións de xente allea ao portal. Mágoa estea só en inglés.