
Durante o curso cada alumno realizou un podcast, a idea é que fora de proba, pero hai moito nivel no resultado polo que decidimos que todos teñades acceso ás direccións dos novos podcasteiros:
http://terceirohome.podomatic.com/
http://12luas.blip.tv/
http://tripodcast.podomatic.com/
http://aboahora.podomatic.com/
http://nunpaisdemarabillas.blip.tv/
http://enlaramadelmanzano.podomatic.com/
http://nenina.podomatic.com/
http://padron.podomatic.com/
http://norress.podomatic.com/
Comentarios
Benvidos!
Haberá que botarlle unha escoita a estas novas promesas.
Dádelle con xiria!
Crítica
Vou a ser un pouco crítico e espero que non se tome a mal. Pero fai un mes ou quizais un pouco máis creei o meu podcast gracias a un dos rapaces de podgalego. Pero non paro de mandarvos mail coas actualizacións, interesándome polo proxecto e ata se queredes que vos xestione un pouco a páxina ou se podo colaborar dalgunha maneira. Pero tampouco actualizades a páxina ou se ve movemento nela. Espero que me dixerades se é que o proxecto non funciona ou se xa o esqueceches ou a situación real del.
Un saúdo,
Firmado: 12 lúas
Por se queredes poñervos en contacto comigo.
Non se toma a mal
As críticas non se toman a mal, axudan a construir :)
É ben certo que hai bastante que non actualizamos, mas non sobra o tempo muitas veces para facelo, anque nos amole.
Do que dis dos mails sobre as actualizacións de 12 Lúas: En podgalego.org non podemos estar dando conta constante das actualizacións de todos os falangullos, para iso xa están os rss aos que cada quen se pode subscribir se gosta. O que tentamos é resaltar cando aparecen novas propostas, novos podcasts, como fixemos co teu e os dos teus compañeiros do curso do Consello da Xuventude, que agardamos teñan vida alén como parece que é a intención túa con 12 Lúas.
Respecto do demais, xa che contestamos por correo-e.
Unha aperta.