podcasting

Xa se pode descargar a tese doutoral sobre o podcasting de Toni Sellas

Con algo de demora, Toni Sellas, xornalista e profesor de Xornalismo-Comunicación Audiovisual na Universitat Internacional de Catalunya (UIC), rematou a súa tese sobre o podcasting hispano. Xa están a libre dispór os resultados desa enquisa da que vos falabamos no verán pasado, e no que fai referencia tamén a podgalego.org e algúns podcasteiros do país.
Podedes baixar o pdf aquí.

Curso de Podcasting no Centro Multimedia de Galicia

Estos días estivose a desenvolver un curso sobre Podcasting no Centro Multimedia de Galicia, un completo centro de ensino con salas distribuidas por todo o país. Este curso, organizado polo CXG foi seguido dende Compostela, A Coruña, Ourense e A Estrada e impartido por Sak, un dos administradores de Podgalego.

Foi un curso cun alto nivel de coñecementos informáticos e de interese no tema do podcasting do que é moi posible que saian novos e moi interesantes falangullos dos que por suposto teredes aquí novas. No entanto deixamosvos aquí o material que se utilizou no curso, unhas transparencias moi basicas pero con direccións interesantes:

(actualización) 750 subscritos no European Podcast-Award

(No blog oficial (en inglés) dos European Podcast-Award fan o reconto (a 19 de agosto e disque a falta dalgún que aínda teñen pendentes de meter) dos podcasts apresentados ao concurso.
Eís que os podcasteiros españois foron os que máis candidaturas presentaron, velaí o ranking por países.)
Despois de estender o prazo de inscrición a lista definitiva fica así:

  1. Alemaña: 140
  2. España: 130 (8 galegos)
  3. Reino Unido: 128
  4. Franza: 82
  5. Italia: 77
  6. Países Baixos: 51
  7. Noruega: 31
  8. Suiza: 30
  9. Chequia: 23
  10. Austria: 23
  11. Letonia: 10

(Aínda que hai que dicir que o funcionamento da web foi bastante trapalleira nas primeiras semanas, con eivas á hora de ver as listaxes de candidatos, non ter en lugares visíbeis os rss dos podcasts... souberon rectificar en tempo e melloraron bastante esas cuestións. Agardamos que se hai unha segunda edición sexa todo máis xeitoso desde o inicio.
E agora xa só fica agardar a setembro para saber se algúns dos nosos representantes galegos acada algún dos premios, que somos tantos como en Letonia! Sorte a todos e... Vota por eles!)
Se non mudan outra vez de opinión (están perdendo un pouco de seriedade con ese dar máis días para subscribirse) cedo saberemos os falangullos finalistas, e en novembro quen son os gañadores definitivos.


+ info:
http://www.european-podcast-award.eu/
http://blog.european-podcast-award.eu/ove...
http://blog.european-podcast-award.eu/ove...

Os podcasteiros brasileiros tamén queren premiar aos mellores

Prêmio Podcast 2008Os amigos podcasteiros do Brasil seguen a se mexer e abriron xa o prazo para incribirse no Prêmio Podcast 2008 co obxectivo de recoñecer os mellores podcasts brasileiros no ano de 2008.
Vai haber premios de dúas clases: voto popular, con distintas categorías (arte, cinema, educación, humor, xornalismo...) e os do juri técnico (Melhor Podcaster Feminino, Melhor Podcaster Masculino e Melhor Podcast do Ano). Así haberá premiados para o gusto de todos.
Está organizado por Eddie Silva e a ABPOD, e conta co apoio de máis dunha ducia de empresas.

Sorte para todos!!

Premio Europeo de Podcasting II

Énchenos de ledicia saber que algúns podcasteiros galegos nos fixeron caso e presentaron a súa candidatura ao primeiro European Podcast-Award. Sabemos de catro deles, non estamos certos se hai algún máis. Se hai, avisainos e tamén o engadimos á listaxe. Podedes votar por eles en cadenseu enlace na web do premio, e son:

Actualización:

Vota por eles!!

Distribuir contido