Iniciar sesión

recursos

Lanzado Audacity 1.3.7 (beta)

audacityA xente de Audacity xa dispuso unha nova actualización da súa versión beta 1.3, desta vez chega a 1.3.7 (en outubro do 2008 saíra a 1.3.6) con máis melloras na exportación a .mp3 e .wma dos arquivos en estéreo, no borrado de ruido, e na exportación a formatos non comprimidos. Tamén arrombaron erros nas versións do programa para as plataformas Mac OS X, Linux e Windows Vista.
As traducións aos diferentes idiomas, galego incluido, aínda non son completas e continúan a desenvolver a versión 1.3, é por iso que seguen a recomendar a máis estábel 1.2.6, para os usuarios menos avanzados.
+ info: http://audacity.sourceforge.net/

Podcast feito con Software Libre e GNU/LInux

Jokosher logoDesde Manchester, Inglaterra, Ben Webb e Joe Henthorn preséntanos un podcast feito con GNU/Linux e con software libre en xeral.
Para facer o podcast utilizan o programa Jokosher, unha simple e poderosa ferramenta multipista. Con ela podedes crear, gravar música e construir o teu propio podcast . Podédelo descargar desde a páxina oficial Jokosher.
Ben e Joe teñen un podcast que habita no blogue Freedom Socks, en cada podcast poderedes escoitar diferentes reportaxes sobre o software libre, GNU/Linux e o uso deste ferramenta.
Xa ninguén ten desculpa para non fabricar o seu propio podcast e colgalo na rede.

Libro-Guía do podcasting en castelán

libro do podcastingO mes de novembro do pasado 2007 saíu á rúa un libro-guía sobre o podcasting editado por Anaya Multimedia: Podcasting, escrito por Juan F. Marcelo e Eva Martín.
O libro tenvos bastante boa pintiña, máis se facemos caso da recensión que fixo del Francisco Herrera no seu blog, que foi onde topamos a nova. Francisco di que malia que as guías desta editora normalmente son, en xeral, moi aburridas, neste caso non é así, topando, por contra, un libro moi completo e cunha redacción amena e lixeira. O certo é que se vemos o índice podemos comprobar que este abrangue dende a explicación de que é o podcasting, até as posibilidades comerciais do mesmo; pasando polo medio por aspectos legais, algúns directorios onde promover o teu falangullo, fundamentos básicos do son e cuestións técnicas (tipos de micrófonos, como montar un estudio caseiro...), a creación dos rss, software e hardware para realizalo... en fin, parece moi xeitosiño. Ten 384 páxinas e custa 13,30 € 12,80 €, que se ben non é moi barato, tampouco se fai moi caro (seguro que gastades máis unha noite de carallada).
+ info:
http://lajanda.blogspot.com/2008/01/podca... (castelán)
http://tinyurl.com/yru944 (castelán)

... e despois a "boa" nova

wordpress.comO servizo de balde para aloxar blogues, WordPress.com, decidiu que agora as contas dispoñan, de balde, de até 3 Gb de espazo, cousa que abre a posibilidade de, coa axuda do Podpress, hospedar alí un podcast durante unha boa tempada. A que soa gorentoso? Non permiten aínda subir arquivos de video e non serve para facer un videocast, mais se isto ten éxito, non desbotamos que chegue acontecer, non?. Ah, e se tiñas xa pagada unha ampliación a 1 Gb. de espazo dos 50 Mb. que ofertaban antes de balde, agora danche até 5 Gb!
+ info:
http://mmagnum.wordpress.com/2008/01/23/w... (castelán)
http://unpocodemucho.wordpress.com/2008/0... (castelán)
http://wordpress.com/blog/2008/01/21/thre... (inglés)

Primeiro, a "mala" nova...

AudicityMala nova... para os usuarios de Mac que producen os seus podcastes co Audacity, posto que seica faltan voluntarios que axuden ao lanzamento da versión 1.3.4 desta plataforma. Con todo parece que o S.O.S. enviado no foro do editor de audio callou e xa se presentaron algúns voluntarios. Agardemos que a cousa se retome.

+ info:
http://audacityteam.org/
http://audacityteam.org/forum/viewtopic.p...

Distribuir contido