copyleft

Isídrez, revelación do portal Promocióname

IsidrezO lugués Isídrez converteuse no grupo revelación deste ano do portal Promocióname, un sitio que naceu para promocionar, de balde, a artistas e grupos de música que queiran ter un espazo virtual para chegar ao grande público; e isto baixo licenzas Creative Commons. Isídrez gañou cun 30% dos votos a El Chapa (19%) e a Samueliko de las Praderas (17%). Isídrez anda a gravar novos temas, cantados en galego e en castelán, coa colaboración de Miguel Costas, ex-vocalista e guitarrista Siniestro Total, de Aerolíneas Federales e de Los Feliz.
+ info:
http://elprogreso.galiciae.com/nova/4739....
http://www.manerasdevivir.com/noticias/24... (castelán)
http://elprogreso.galiciae.com/nova/4739....

Falcatruada abre o Clube Dixital

clube dixitalFalcatruada acaba de abrir o Clube Dixital, un sitio onde podes escoitar, descargar e compartir a música dos artistas de Falcatruada, totalmente de balde. Alí atoparás as últimas novidades discográficas e toda a información dos últimos lanzamentos deste selo galego.
O clube inaugúrase coas novas cancións de Narf e de Xosé Manuel Budiño, artistas que lanzan os seus novos traballos discográficos nestes días.
Só lle falta un detalliño para que esta iniciativa sexa ideal, a posibilidade de sindicarse ás novidades (opción que non topamos por ningures) para estar sempre ao día e non perder as estreas; e concretar baixo que tipo de licenza se pode compartir. En calquera caso, parabéns á xente de Falcatruada por esta iniciativa.

Compilado de música libre e solidaria

disco solidarioA emisora arxentina FM La Tribu fai un chamado a bandas e solistas de todo o mundo para participar nun compilado de apoio aos traballadores do subterráneo de Bos Aires.
A temática do disco vai ser O Traballo, e o lema: Música desobediente para que el trabajo deje de ser explotación y se transforme en creación colectiva. Música libre para nunca más convertir su belleza en pura mercancía. Piquetes sonoros. Huelgas acústicas. Marchas eléctricas. Reclamos a coro.
As canciones poden ser de calquera xénero musical, extensión e idioma, e deberán ser orixinais e publicadas baixo algunha destas licencias Creative Commons: BY-NC-ND, BY-NC-SA o BY-SA. Queren editar 1.000 unidades que van distribuír de balde en distintos puntos da cidade de Bos Aires, e tamén se poderá descargar libremente. O disco presentaríase en marzo de 2008 e cada banda escollida tería 20 exemplares para eles.
Hai tempo até o 1 de decembro para achegar a música, por e-mail a discosubte@gmail.com, en persoa ou por correo a FM La Tribu, Lambaré 873- C1185ABA.
+ info: na web da emisora.
vía: Zona Indie

Sociedade de xestión de dereitos de autor holandesa fai acordo con Creative Commons

A xestora holandesa Buma/Stemra (equivalente a SGAE na España) acordou facer unha proba piloto para que autores que teñen publicado baixo licenzas Creative Commons coa cláusula non comercial, poidan rexistrar as súas obras con eles, ou do revés. Deste xeito a xestora poderá administrar e garantir o cobro da explotación para usos comerciais da obra sen afectar nin atacar os usos non comerciais, isto é: troco, copia privada, difusión en podcastes, etc.
+ info: a nova en Buma/Sterma (inglés)
vía: zonaindie (castelán)

Distribuir contido