Iniciar sesión

multiconferencias

Actualización en Pamela

pamelaO popular software para gravar conversas telefónicas no Skype, Pamela, acaba de lanzar unha nova actualización, a 4.0. Este programa é moi útil para os que fan podcastes con distintos locutores que moran en lugares diferentes. Ten unha versión basic de balde que che permite gravar até 15 minutos de conversa, e outras de pago; desde a standar a 9,95 €, que deixa gravar 30 minutos, até as professional e business, que non teñen límite ningún.
+ info: http://www.pamela-systems.com/

TalkShoe, alternativa ao Skype para podcastes multiconferencia

Até hoxe, os podcasteiros que gostan de facer os seus podcastes por conferencia entre varios interlocutores, adoitan empregar o Skype empatado a software complementario (PowerGrammo, Pamela...) para gravar as conversas e elaborar o seu falangullo. Agora existe outra alternativa, TalkShoe. Nós non o probamos aínda, pero promete gravación, hospedaxe, largo de banda e tempo de gravación ilimitado... todo de balde; e di que se o teu talkcast (iso si se podería traducir por falangullo :P) chega ser popular, poderías gañar cartos mesmo. Isto último fainos pensar que haberá que ler moi polo miudo as condicións de uso do servizo (en inglés), non vaia se-lo demo...

Distribuir contido