Iniciar sesión

hospedaxe

... e outros que veñen ou renovan

Trala nova do peche de Yahoo! Podcasts, falamos agora doutros directorios novos ou renovados:
Podanza, aínda coa etiqueta de beta, clasifica os podcastes por categorías e ofrece axuda para promocionar o teu podcast por medio de publicidade no sitio e destaque pagado. Ten unha lista dos máis populares (ou será dos que máis pagan? :P)
MacRadio, xa leva tempo existindo, mais non é até ben pouco que se enfocou cara ser un directorio de podcastes, máis en concreto podcastes vencellados ao "mundo Mac". Pódese buscar por categorías ou por tags. É preciso abrir conta.
Podango, malia ser fundada no 2006 márcase coma betaGamma. Ademais de directorio comezou ofrecer servizo de hospedaxe para podcastes, de balde, e non só, senón que tamén che pagarían por telo con eles. Como? Pois metendo pequenos inseridos publicitarios, dos que che darían unha parte dos beneficios (falan dun 50%); cantas máis descargas, máis gañas. Para saber máis aquí (inglés).

Distribuir contido