Iniciar sesión

directorios

Podsonoro renova a faciana

podsonoro.comO directorio Podsonoro.com, posibelmente un dos máis útiles e que mellor traballa, e moi xeitoso para descubrir novos podcastes en castelán, acaba de renovar hai un par de días o seu aspecto visual e algunha cousiña máis do seu funcionamento interno, renovando de paso o logo e tirando a etiqueta de beta.
O seu administrador, Carlos Fernández, a quen tivemos o moi grato pracer de coñecer en Barcelona nas II Xornadas de Podcasting, conta no seu vloj cales son estas novidades. Di que xa levaba tempo con ese cambio pendente cara un look máis ao rede social, e algúns dos cambios son: un novo reprodutor flash, para escoitar os episodios dos podcasts, máis largo e menos alto, ocupando menos espazo; tamén fixo máis larga a páxina (980 px); gardou o historial dos top, que non se amosa mais, se cadra, nun futuro, di, fará algún gráfico usando o google Chart API; e outras das cousas que modificou foi o tema dos comentarios, nos últimos tempos inzados de fanáticos olalleiros maleducados e bastante molestos. Agora, cando non estás logueado só se pode facer un comentario cada 10 minutos, e non podes loguearte con outro nombre de usuario. E o sistema de destacar podcastes en cada categoría, que antes facía a dedo faise agora por medio dun complexo algoritmo baseado no Kernel do VIC-20, tendo en conta o que a xente escoita na web, etc., é dicir, máis 2.0.
Os nosos parabéns para Carlos!
+info:
http://www.podsonoro.com/ (castelán)
http://www.vloj.com/archives/102 (castelán)

Máis do Zune, agora o directorio

Zune, a aposta de Microsoft para comerlle o negocio ao iTunes de Apple, anuncia para o 13 de novembro a apertura do seu Zune Marketplace e a renovación do software para os seus reprodutores. O Zune MarketPlace parece que vai ser o equivalente ao iTunes Store, podendo os usuarios subscribirse a un milleiro de feeds de podcasts, e tendo a posibilidade de ir engadindo outros novos. Ao tempo buscan crear unha rede social de usuarios. Todo isto tan xeitoso, parece que non vai servir de muito se non tes un reprodutor Zune. Por que non desenvolverán un Windows Media Player que permita subscrición a podcastes, como parece que fixo a xente de Winamp?
+ info:
http://tinyurl.com/2m7yru
http://tinyurl.com/3dl3d4
http://www.zune.net/en-US/meetzune/
http://www.podcastingnews.com/2007/11/07/...

... e outros que veñen ou renovan

Trala nova do peche de Yahoo! Podcasts, falamos agora doutros directorios novos ou renovados:
Podanza, aínda coa etiqueta de beta, clasifica os podcastes por categorías e ofrece axuda para promocionar o teu podcast por medio de publicidade no sitio e destaque pagado. Ten unha lista dos máis populares (ou será dos que máis pagan? :P)
MacRadio, xa leva tempo existindo, mais non é até ben pouco que se enfocou cara ser un directorio de podcastes, máis en concreto podcastes vencellados ao "mundo Mac". Pódese buscar por categorías ou por tags. É preciso abrir conta.
Podango, malia ser fundada no 2006 márcase coma betaGamma. Ademais de directorio comezou ofrecer servizo de hospedaxe para podcastes, de balde, e non só, senón que tamén che pagarían por telo con eles. Como? Pois metendo pequenos inseridos publicitarios, dos que che darían unha parte dos beneficios (falan dun 50%); cantas máis descargas, máis gañas. Para saber máis aquí (inglés).

Distribuir contido