Iniciar sesión

radio

Sak, dos falangullos á Radio Galega

SakA el dálle aquel que o digamos, pero o noso compañeiro Sak, pioneiro no podcasting en galego co seu magnífico e, mágoa, desaparecido e-music (a ver se un día fai algo para subilo á rede outra vez), pasou de ter un falangullo a ser o flamante presentador e director de Radio Oceánica, en Radio Galega Música, recollendo o testemuño de Noel Feáns, anterior director do programa.
Sak comenzou con isto aló polo ano 2002, na Cuac FM; tempo despois cando, no 2004, buscaba o xeito de facer radio en liña na internet, deu co tema do podcasting, e aló que foi convencido de que o sistema tiña futuro. Nun principio, creaba os rss código en man, o valente; e foi así que o seu e-music, vía podcast, comezou medrar en popularide entre os internautas galegos. O seu bo facer e a súa voz, persoal e cálida, facianos crer, e desexar a moitos, que o seu sitio estaba nunha emisora de radio grande, e eis que agora o temos na Radio Galega. E ben cheos e orgullosos que estamos!
E como a cabra tira ao monte, vai retomar a publicación de Radio Oceánica en formato podcast, que estaba parada desde o mes de xullo pasado, o cal nos vén ben aos despistados que esquencemos que todos os domingos temos cita con el a iso das 22:00 h.
E ademais é bo rapaz!

Compilado de música libre e solidaria

disco solidarioA emisora arxentina FM La Tribu fai un chamado a bandas e solistas de todo o mundo para participar nun compilado de apoio aos traballadores do subterráneo de Bos Aires.
A temática do disco vai ser O Traballo, e o lema: Música desobediente para que el trabajo deje de ser explotación y se transforme en creación colectiva. Música libre para nunca más convertir su belleza en pura mercancía. Piquetes sonoros. Huelgas acústicas. Marchas eléctricas. Reclamos a coro.
As canciones poden ser de calquera xénero musical, extensión e idioma, e deberán ser orixinais e publicadas baixo algunha destas licencias Creative Commons: BY-NC-ND, BY-NC-SA o BY-SA. Queren editar 1.000 unidades que van distribuír de balde en distintos puntos da cidade de Bos Aires, e tamén se poderá descargar libremente. O disco presentaríase en marzo de 2008 e cada banda escollida tería 20 exemplares para eles.
Hai tempo até o 1 de decembro para achegar a música, por e-mail a discosubte@gmail.com, en persoa ou por correo a FM La Tribu, Lambaré 873- C1185ABA.
+ info: na web da emisora.
vía: Zona Indie

RNE xa podcastea

Pois si, parece que desde decembro de 2006 Radio Nacional de España (Rne) comezou fornecer en formato podcast algúns dos programas sobranceiros da canle nacional, e nós sen sabelo! Das distintas canles que Rne rexe poden sindicarse contidos de REE (Radio Exterior de España), Radio 1, Radio 3 e Radio 5 (non sabemos porque non de Radio Clásica).
Agora, para ser verdadeiramente modernos, xa só lles falta que renoven radicalmente e dunha vez a, desde hai ben anos, penosa e pouco usábel web da Radio 3, da que, a propósito, só hai disposta sindicación para 4 programas; e un deles o supostamente máis de vangarda, Siglo 21, aínda non traballa, ou polo menos non ten nada subido (por non ter, non ten nin web) e xa levan case un ano co servizo.
+ info: Portal dos podcasts de Rne.

Distribuir contido