hospedaxe

Hospedaxe para o teu Podcast

Eís unha breve listaxe dalgúns sitios onde podes subir e crear o teu falangullo de xeito sinxelo e despreocupándote de ter que crear os rss.

de balde:
ivoox.com, o audiokiosco, é un servizo de publicación de podcasts gratuito. Leva operativo desde novembro de 2008, é feito na España, ten unha compoñente importante de rede social e é unha das mellores e máis sinxelas opcións hoxe en día para subir os teus arquivos de son. Fornece hospedaxe, reprodutor e rss válido.
WordPress.com, desque decidiu que as contas dispoñan, de balde, de até 3 Gb de espazo, combinado coa súa extensión PodPress, é unha das mellores opcións que se ofertan agora mesmo.
podango.com, fundada no 2006 como directorio, agora ofrece servizo de hospedaxe de balde, e disque mesmo pagan por telo con eles metendo pequenos inseridos publicitarios, dos que che darían unha parte dos beneficios (falan dun 50%).
podbean.com, dá até 100 Mb de balde, e de pago dende 1 Gb a 1,99$ (1,47€)/mes até ilimitado por pouco máis de 12,00€/mes.
clickcaster.com, ten versión de balde (até 125 Mb) e de pago, está en beta.
blip.tv, enfocado para o videocasting, tamén sirve para só audio. Aparentemente non ten límite de hospedaxe, non insire publicidade, e permite publicar automáticamente o episodio no teu blog e en redes sociais. Consideramos que esta é unha das mellores opcións. (en inglés)
podomatic.com até 500 Mb (de pago até 2 Gb.), outra moi boa escolla para comezar nisto.
Blogaliza, o servizo galego de blogues baseado en Wordpress, tamén serve para facer podcastes combinado coa extensión PodPress.
castpost.com
poderato.com, sitio mexicano, antes chamado espapod.com. De balde até 100 Mb, para ter máis hospedaxe é preciso contactar por correo-e para saber as condicións.
gcast.com
evoca.com (seica permite gravar co Skype até 60 minutos de balde, máis tempo hai que pagar).
mypodcast, pois de momento parece de balde, aínda que che meten propaganda no comezo do audio.
Odeo.com, xa non ofrece hospedaxe.
de pago:
lidsyn.com
shockpod.com

Agora non digades que tedes preguiza. ;)

Distribuir contido