sintetizadores de voz

Vozme, outro sintetizador de voz

vozmeVozme é un interesante e moi sinxelo programa para converter texto en voz. A calidade das transcricións, como case sempre neste tipo de aplicacións, non é nada doutro mundo, pero aí está, para os que lles dá aquel usar a súa propia voz nos seus falangullos. O máis destacado é que ten un plugin para Wordpress, e un script para inserir nos modelos de Blogger, que fan que se poidan escoitar as entradas do teu blog, cousa moi útil para os invidentes ou para os preguiceiros que non queren ler posts longos.
Dispón de conversión ao castelán, inglés e italiano.
+ info: http://vozme.com/, instrucións para inserilo no teu weblog aquí.

Sintetizador de voz en galego

Según unha nova recollida por Xornal.com a compañía Tecnocom traballa no desenvolvemento dun recoñecedor e sintetizador de voz en galego, unha tecnoloxía innovadora por ser a primeira que permite realizar consultas coa fala, escoitar correos electrónicos mediante dispositivos móbiles ou facer ditados a procesadores de textos en lingua galega. Vía chuza!
+ info: http://www.xornal.com/article.php3?sid=20...
relacionado: Cotovía, o sintetizador de voz desenvolvido pola Universidade de Vigo.

Distribuir contido