Pois si, con dous meses de demora, vídeo por medio, e anunciando a listaxe completa para a vindeira semana... hoxe foi feito público, por fin, o resultado dos European Podcast Awards por países. Os gañadores finais non se van anunciar aínda até febreiro (se entendemos ben o que din no vídeo).
Na España os premiados foron:
Parabéns e beizóns aos premiados.
O pasado 6 de decembro foran feitos públicos os premiados no concurso dos podcasteiros brasileiros. O podcast máis votado polo público foi o Nerdcast (o primeiro podcast totalmente nerd do Brasil), e o do xuri foi para o Escriba Cafe do Christian Gurtner.
Para ver os resultados completos en todas as categorías podedes seguir esta ligazón: http://www.blog.premiopodcast.com.br/?p=7...
Máis de 170 podcast participaron ao longo de 47 días no Premio Podcast 2008 de Brasil. Contabilizáronse 21.266 votos que ao final tiveron que desestimarse polos ataques de hackers e participantes que romperon a validación das votacións. Por isa razón a organización estimou ademáis de organizar un xurado organizado por 7 persoas que escolleron 4 podcasts en cada categoría aos máis votados correxir os erros que se produciron e poñer tódalas puntacións a 0.
A continuación deixamos os links dalgúns deles:
Acontece em SP
Podcast 123
Celeiro do Rock
Podcasting Brasil
(No blog oficial (en inglés) dos European Podcast-Award fan o reconto (a 19 de agosto e disque a falta dalgún que aínda teñen pendentes de meter) dos podcasts apresentados ao concurso.
Eís que os podcasteiros españois foron os que máis candidaturas presentaron, velaí o ranking por países.)
Despois de estender o prazo de inscrición a lista definitiva fica así:
(Aínda que hai que dicir que o funcionamento da web foi bastante trapalleira nas primeiras semanas, con eivas á hora de ver as listaxes de candidatos, non ter en lugares visíbeis os rss dos podcasts... souberon rectificar en tempo e melloraron bastante esas cuestións. Agardamos que se hai unha segunda edición sexa todo máis xeitoso desde o inicio.
E agora xa só fica agardar a setembro para saber se algúns dos nosos representantes galegos acada algún dos premios, que somos tantos como en Letonia! Sorte a todos e... Vota por eles!)
Se non mudan outra vez de opinión (están perdendo un pouco de seriedade con ese dar máis días para subscribirse) cedo saberemos os falangullos finalistas, e en novembro quen son os gañadores definitivos.
+ info:
http://www.european-podcast-award.eu/
http://blog.european-podcast-award.eu/ove...
http://blog.european-podcast-award.eu/ove...
Os amigos podcasteiros do Brasil seguen a se mexer e abriron xa o prazo para incribirse no Prêmio Podcast 2008 co obxectivo de recoñecer os mellores podcasts brasileiros no ano de 2008.
Vai haber premios de dúas clases: voto popular, con distintas categorías (arte, cinema, educación, humor, xornalismo...) e os do juri técnico (Melhor Podcaster Feminino, Melhor Podcaster Masculino e Melhor Podcast do Ano). Así haberá premiados para o gusto de todos.
Está organizado por Eddie Silva e a ABPOD, e conta co apoio de máis dunha ducia de empresas.
Sorte para todos!!