O pasado 6 de decembro foran feitos públicos os premiados no concurso dos podcasteiros brasileiros. O podcast máis votado polo público foi o Nerdcast (o primeiro podcast totalmente nerd do Brasil), e o do xuri foi para o Escriba Cafe do Christian Gurtner.
Para ver os resultados completos en todas as categorías podedes seguir esta ligazón: http://www.blog.premiopodcast.com.br/?p=7...
Máis de 170 podcast participaron ao longo de 47 días no Premio Podcast 2008 de Brasil. Contabilizáronse 21.266 votos que ao final tiveron que desestimarse polos ataques de hackers e participantes que romperon a validación das votacións. Por isa razón a organización estimou ademáis de organizar un xurado organizado por 7 persoas que escolleron 4 podcasts en cada categoría aos máis votados correxir os erros que se produciron e poñer tódalas puntacións a 0.
A continuación deixamos os links dalgúns deles:
Acontece em SP
Podcast 123
Celeiro do Rock
Podcasting Brasil




Os amigos podcasteiros do Brasil seguen a se mexer e abriron xa o prazo para incribirse no Prêmio Podcast 2008 co obxectivo de recoñecer os mellores podcasts brasileiros no ano de 2008.
Vai haber premios de dúas clases: voto popular, con distintas categorías (arte, cinema, educación, humor, xornalismo...) e os do juri técnico (Melhor Podcaster Feminino, Melhor Podcaster Masculino e Melhor Podcast do Ano). Así haberá premiados para o gusto de todos.
Está organizado por Eddie Silva e a ABPOD, e conta co apoio de máis dunha ducia de empresas.
Sorte para todos!!
Por cousas da vida (e da rede) onte contactounos un podcasteiro brasileiro, o Racum, moi interesando nos falangullos galegos. Grazas a el descubrimos que alá existe unha Associação Brasileira de Podcast que estas semanas atrás fixo unha enquisa entre os podcasteiros do Brasil. Podedes ver os resultados da enquisa nesta ligazón (http://pesquisa.abpod.org/sm/SurveySummar...) e unha análise desta muito interesante, feita por Racum, cos usos e costumes dos podcasteiros brasileiros e a súa audiencia (http://www.racum.com/tag/podpesquisa/). Tamén nos descubriu a existencia dun foro onde nos convidou a engadir os datos dos nosos falangullos para crear lazos entre as comunidades podcasteiras de ámbolas dúas beiras atlánticas.
Sorprendeunos ademais topar un artigo seu falando da lusofonia nos podcasts onde sumaba á Galiza a esa familia lingüistica, mesmo nos descubriu falangullos que non tiñamos engadidos ao noso directorio!! eis a resención:
Galícia
Galícia é o território noroeste da Espanha, eles não falam português, mas uma dialeto misturado com o espanhol chamado de galego. Há muita polêmica e disputa política sobre a classificação desse dialeto, mas uma coisa é certa: ele é similar ao ponto de ser quase todo inteligível por qualquer nativo em português, apenas com um forte ritmo e entonação do espanhol.
- Gaita Galega (RSS): Música tradicional galega, geralmente instrumental.
- Radio Oceanica (RSS): Programa de rádio, com músicas e notícias sobre música.
- Malandromeda (RSS): Hip Hop Galego.
Outra cousa interesante que garda o blog do noso novo amigo son unha serie de entradas con consellos e axudas para producir un podcast, o seu podcast trata do tema, até.
Que fermosa é a rede, que fermoso o falangulleio, que fermosa a unión galego-portuguesa, né?



