Con algo de demora, Toni Sellas, xornalista e profesor de Xornalismo-Comunicación Audiovisual na Universitat Internacional de Catalunya (UIC), rematou a súa tese sobre o podcasting hispano. Xa están a libre dispór os resultados desa enquisa da que vos falabamos no verán pasado, e no que fai referencia tamén a podgalego.org e algúns podcasteiros do país.
Podedes baixar o pdf aquí.




Toni Sellas, xornalista e profesor de Xornalismo-Comunicación Audiovisual na Universitat Internacional de Catalunya (UIC), anda facendo unha enquisa entre os podcasteiros hispanos para a súa tese doutoral. Mandou correos a meio cento deles, mas só recibiu contestación de menos dunha ducia. Agora busca voluntarios; por tanto, se queredes participar na enquisa, e xa que hispano vén da Hispania, que é como chamaban os romanos a toda a península Ibérica, podedes contactar con el no seu correo electrónico: info(arroba)tonisellas.cat
Faite escoitar!!



