(No blog oficial (en inglés) dos European Podcast-Award fan o reconto (a 19 de agosto e disque a falta dalgún que aínda teñen pendentes de meter) dos podcasts apresentados ao concurso.
Eís que os podcasteiros españois foron os que máis candidaturas presentaron, velaí o ranking por países.)
Despois de estender o prazo de inscrición a lista definitiva fica así:
(Aínda que hai que dicir que o funcionamento da web foi bastante trapalleira nas primeiras semanas, con eivas á hora de ver as listaxes de candidatos, non ter en lugares visíbeis os rss dos podcasts... souberon rectificar en tempo e melloraron bastante esas cuestións. Agardamos que se hai unha segunda edición sexa todo máis xeitoso desde o inicio.
E agora xa só fica agardar a setembro para saber se algúns dos nosos representantes galegos acada algún dos premios, que somos tantos como en Letonia! Sorte a todos e... Vota por eles!)
Se non mudan outra vez de opinión (están perdendo un pouco de seriedade con ese dar máis días para subscribirse) cedo saberemos os falangullos finalistas, e en novembro quen son os gañadores definitivos.
+ info:
http://www.european-podcast-award.eu/
http://blog.european-podcast-award.eu/ove...
http://blog.european-podcast-award.eu/ove...
Énchenos de ledicia saber que algúns podcasteiros galegos nos fixeron caso e presentaron a súa candidatura ao primeiro European Podcast-Award. Sabemos de catro deles, non estamos certos se hai algún máis. Se hai, avisainos e tamén o engadimos á listaxe. Podedes votar por eles en cadenseu enlace na web do premio, e son:
Actualización:
Vota por eles!!
Onte chegou á nosa caixa de correo un aviso de que se abriu o prazo para presentarse ao primeiro European Podcast-Award. Concurso para escoller aos mellores falangullos do continente. Estamos certos de que algúns dos mellores fanse aquí na Galiza, por tanto, de seguido, pegamos a nota recibida traducida xa ao galego. Animaivos!!
Ola a todos os podcasteiros!
Envío esta mensaxe para anunciarvos que o primeiro concurso europeo de podcasts xa está en marcha (European Podcasts Award 2008). Podedes enviar os vosos podcasts a http://www.european-podcast-award.eu, para o da España en todos os idiomas oficiais. Non hai límite de número para presentar os vosos podcasts e aceptanse propostas até mediados de agosto do 2008. Os vosos podcasts poden ser novos, de fai anos ou feitos adrede para o concurso, o máis importante é que teñades un RSS-feed activo. Veredes que hai catro categorías (personality, non profit, business e professional) e xa hai algúns que foran nominados directamente para o concurso. A mediados de setiembro decídese quen son os gañadores do European Podcasts Award 2008.
O premio consistirá en material audiovisual da marca Olympus.
Inscribirse no concurso é sinxelo, seguide os pasos que vos indica a páxina web http://www.european-podcast-award.eu/.
Para calquera cuestión ou problemas cos RSS-feed no dubidedes en dirixirvos a min: admin.es@podcast-award.euSorte e todos a participar!
Víctor González Guzmán
Initiative European Podcast Award 2008