Nas últimas semanas apareceron novos falangullos galegos. Dos xurdidos no curso do Consello da Xuventude xa falamos aquí, mas hai un par deles novos, e ámbolos dous teñen vencello con radios locais, posibilitando por medio do podcasting traspasar fronteiras e espallar as voces a calquera recuncho do mundo (con conexión a rede, claro).
E falando de Rádio FilispiM, tamén vos comentamos que C'mmons baby! (un podcast sobre músicas publicadas baixo licenzas abertas) comezou emitir polas ondas desta emisora desde hai un par de semanas.
Benvida a interacción entre medios, a ver se isto axuda a que as outras radios libres galegas aproveiten a tecnoloxía do podcasting para agrandar a súa difusión e ser aínda máis libres.

Durante o curso cada alumno realizou un podcast, a idea é que fora de proba, pero hai moito nivel no resultado polo que decidimos que todos teñades acceso ás direccións dos novos podcasteiros:
http://terceirohome.podomatic.com/
http://12luas.blip.tv/
http://tripodcast.podomatic.com/
http://aboahora.podomatic.com/
http://nunpaisdemarabillas.blip.tv/
http://enlaramadelmanzano.podomatic.com/
http://nenina.podomatic.com/
http://padron.podomatic.com/
http://norress.podomatic.com/