O directorio está organizado por categorías, se prefires velos todos dunha tacada mellor preme aquí.
O podcasting está considerado unha excelente ferramenta didáctica e un bo medio de comunicación para centros de ensino. Ambas vertentes se atenden nesta categoría.
O Caixón Audiovisual é un podcast/vídeocast que recolle as distintas actividades audiovisuais desenvolvidas polo profesorado e alumnado do CEIP Sigüeiro. Constitúe un dos exemplos máis claros das posibilidades do podcasting na educación cun resultado final de calidade.



Neste podcast, Xano Cebreiro, recolle algúns dos traballos sonoros que desenvolve cos seus alumnos de lingua galega e literatura dos terceiros da ESO do IES da Pobra do Caramiñal.



O colexio Miralba de Vigo, ademáis de contar cunha completa web dispón dun podcast para facer públicos arquivos sonoros que se fan no colexio.


Caderno dixital do grupo de Técnicas de Expresión Escrita do IES David Buján de Cambre, que conta ademais cun podcast. Tamén crearon un sitio onde recollen unha escolma de poesía galega cantada, Son de poetas.


A Asociación Socio-Pedagóxica galega deita na rede este podcast destinado á educación dividido en cinco canles distintas:
Arquitectura.
Arquivos sobre arquitectura e a súa evolución en Galiza.


Ciencias e natureza.
Variedade de arquivos sobre o planeta Terra, natureza, instrumentos musicais...


Lingua.
Lecturas de textos, estudos lingüísticos...


Persoeiros.
Arquivos sobre persoeiros como Luis Seoane, Luis Pimentel, Otero Pedrayo, Ricardo Carvalho Calero...


Pintura.
Vídeos que abranguen os diferentes movementos artísticos que xurdiron ó longo dos séculos.



Na biblioteca do IES as Mariñas levan os textos literarios ao podcasting.

