O directorio está organizado por categorías, se prefires velos todos dunha tacada mellor preme aquí.
Podcast de contido musical
A fume de carozo é un programa musical da CUAC fm realizado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.



Amor en bruto é un podcast de media hora chea de música embrutecedora presentada por Dj Pezunhitas. Garage, Soul, Ska, Punk, R&R, New Wave... Puro Amor en Bruto!.


c'mmons baby! é un programa sobre a música que se publica baixo licenzas copyleft. Unha produción do ictioscopio para Ego99. (Despois de seis emisións en castelán, o 24 de febreiro de 2008, pasa a facerse en galego.)

Garçon, elabora un programa quincenal para a difusion de festivais e grupos galegos.



Crestas e Imperdibles é un programa musical da Radio Piratona, radio libre de Vigo, que nos achega a historia do punk, desde o seu comenzo ata a actualidade.



Sons nas orellas... Miriño deita na rede escolmas cos temas que máis lle andan na súa cabeciña.

A caixa sonora de Chiquito de la Highway 61, onde recolle cancións sinxelas para un mundo básico, case primitivo e versións galegas de cancións dylanianas.



Divertimento para pequenos monstros é un outro programa da Rádio FilispiM distribuido tamén como podcast e conducido polo Pequeno Monstro, activista do espectro radioeléctrico e dinamitador de quietismos.


Cancións do panorama pop e rock internacional do presente e sobre todo do pasado, acompañado de cadansúa letra, concéntranse no podcast Ignore Alien Orders.


io~NOS é un falangullo de música, sen etiquetas, que dirixe e presenta Miriño, tamén coñecido como Curioso Impertinente.

A web Komunikando.net, sitio de referencia para os músicos galegos, lanzou un podcast co que promover as bandas galegas emerxentes, facendo especial énfase nas bandas que publican baixo licenzas abertas.


O tragasóns é un programa de Mapamundi Radio, en galego-portugués, sobre as músicas do mundo no âmbito da Galego-Lusofonia, a lançar pontes entre Galiza, o resto de países lusófonos e qualquer lugar do mundo onde haja quem fale a nossa língua comum. Emite tamén por Rádio FilispiM.


Perfidia é un programa de radio que se leva emitindo dende hai anos en CuacFM e que semana tras semana trae a éxtase rockeira do panorama nacional e internacional. Veteranos da radio convertidos en podcasteiros.


Podcast dun alumno da Escola de Audiovisuais de Vigo sobre música electrónica, dende a súa prehistoria, alá a principios do século pasado cos experimentos de vangardas coma o futurismo, até os nosos días.



RadioOceánica, da Radio Galega Música, emprega o podcasting para que cando os seus ouvintes non poder estar o domingo ás 22:00 coa orella pegada ao transistor non perdan detalle e o poidan escoitalo no intre que mellor lles veña.


Radio-ds son audios en formato podcast con novidades musicais galegas e un espazo de conversa, creado dende o colectivo Proxecto-ds.


O grupo Remolca Madriña tamén utiliza o podcasting para facer públicas as súas cancións.


Rockisome é un podcast dirixido a tod@s aquelas persoas que lles guste o rock no seu senso máis amplo, garaxe. metal, hc, punk, blues-rock..etc. Un espazo de amor a música e o seu soporte: o vinilo.


O colectivo Sinsal ten entre as súas actividades máis senlleiras a organización do xa mítico Festival Sinsal. Para os que non poidan acudir algunha edición, o colectivo ofrece un podcast coas grabacións de anacos dos concertos. As interconexións entre diversos grupos relacionados coa investigación sonora fixo que no pasado este podcast contara con varias edicións de "A etiqueta" un programa radiofónico emitido so en Vigo uns anos atrás e que pasaba por ser o programa referente do mundo do son e da música.



Falangullo que promociona a grupos emerxentes principalmente galegos nun ambiente distendido.


Volonté é un grupo de música experimental que utiliza o podcasting como xeito de levar os seus novos temas ao seu público.

